Dende a Limia
22:12 h. Viernes, 20 de Julio de 2018

Xinzo levoulle a música aos que teñen falta de mobilidade

| 29 de Junio de 2018 (21:26 h.)

Alejandro Ares é profesor do Conservatorio Superior de música de Xinzo e foi o responsable de levar a súa música de acordeón polos centros de maiores de Xinzo.

As 10:30 estaba programada o seu concerto na residencia de maiores Sta. Mariña, na que xa o esperaban os residentes que durante case unha hora gozaron e ata bailaron cos ritmos da súa acordeón. Para esta ocasión e tratándose de persoas maiores escolleu un repertorio de cancións  de sempre, que todo o mundo sabía.

IMG_20180628_120559

Despois trasladouse ata o centro de día do Consorcio Galego para dar outro pequeno concerto, no que, esta vez si os que alí estaban enseguida se votaron a pista para botar un baile.

Esta acción enmárcase dentro dentro dun convenio entre a Deputación de Ourense, o Concello de Xinzo e o Conservatorio de Xinzo para poder levar a música a aqueles lugares e persoas que por diferentes motivos, neste caso os de idade teñen difícil ou imposible asistir a calquera das manifestacións musicais que se fan na vila ou nos pobos.

A iniciativa está a ter uns resultados magníficos.