miércoles 23.10.2019

Voluntarios de Xinzo participaron por primeira vez na campaña “móllate polos ríos” organizada dende o Concello

Apareceron obxectos variados como DN Isen caducar, unha porta dun frigoríco, a roda dun tractor, e outras cousas que mellor nin se comentan

Na mañá do domingo a “brigada de voluntarios” encabezada por Elvira Lama, que estaba acompañada por algúns membros do seu equipo de goberno. Despois de prepararse coa indumentaria necesaria e sobre todo con luvas e bolsas de lixo, percorreron as marxes do río Limia dende a ponte de Lamas ata a ponte de Baltar.

DOUS REMOLQUES DE LIXO RECOLLIDOS

Entre o case medio cento de persoas, entre as que se atopaban moitos nenos e nenas, recolleron ao fin da mañá dous remolques de lixo,  que foron transportados  por unha membra da brigada de obras que acompañou aos voluntarios no percorrido.

Rematou a mañá de limpeza voluntaria no parque da fonte.

Elvira Lama, recalcou ao fin da xornada de limpeza voluntaria que esta era a primeira vez que se sumaba o concello de Xinzo a estas xornadas, e que haberá máis ao longo do ano.

O que nos importa é crear estas brigadas medioambientais, e que a xente comece a tomar conciencia de que si temos un Xinzo limpo, teremos un Xinzo saudable e un Xinzo saudable, será un pobo onde a xente queira vir a vivir. Nisto temos que colaborar todos, dende os máis pequenos ata os máis maiores.

A esta acción seguiranlle outras que se anunciarán en breves días, para que todos nos concienciemos que planeta solo hai un, que Xinzo solo hai un e non temos plan B, polo que todos e todas temos que arrimar o ombro.

Valorou moi positivamente a xornada, aínda que as datas non son as mellores,  na Limia estes fins de semana, os agricultores de profesión e os de segunda actividade, loxicamente non puideron asistir apesares da espléndida mañá coa que amenceu Xinzo.

limpeza2limpeza1limpeza3

Voluntarios de Xinzo participaron por primeira vez na campaña “móllate polos ríos”...