Dende a Limia
17:57 h. Lunes, 21 de Mayo de 2018

A Deputación aproba as bases para a concesión de axudas en materia de Cultura e Viticultura

O. Ferreiro | 23 de Enero de 2018 (21:15 h.)
Montserrat Lama dando conta dos acordos da Xunta de Goberno.
Montserrat Lama dando conta dos acordos da Xunta de Goberno.

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou na reunión celebrada esta mañá as bases reguladoras das convocatorias dos concursos para a concesión de axudas a entidades sen ánimo de lucro e a concellos para a organización de actividades culturais e recreativas; axudas para a realización de festivais, ciclos, mostras ou actividades análogas; e axudas aos concellos reguladores das denominacións de orixe vitivinícolas para accións de promoción e xestión, todas elas correspondentes ao exercicio 2018. Así o informou a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, quen deu conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao luns 22 de xaneiro de 2018.

Cultura

En concreto, no apartado cultural, aprobáronse as bases reguladoras para a concesión de axudas para o financiamento de proxectos de actividades culturais e recreativas promovidas por entidades sen ánimo de lucro con domicilio social na provincia de Ourense e que se realizan no ano 2018. Para tales efectos, considéranse actividades culturais aquelas que teñan por obxecto o estudo, difusión, exaltación ou posta en valor do patrimonio cultural material ou inmaterial da sociedade ourensá, incluídas as celebracións de carácter tradicional ou senlleiro. Tamén se refire ás actividades que fomenten as diversas manifestacións culturais da sociedade ourensá.

O prazo para presentar a solicitude para estas axudas comezará a partida da publicación destas bases na Base de Datos Nacional de Subvención e rematará o 28 de febreiro de 2018.

Tamén serán obxecto de axuda as actividades que consistan na edición, publicación ou impresión de libros, publicacións seriadas ou obras audiovisuais en calquera soporte. E, en canto a actividades recreativas refírese a aquelas actividades lúdicas ou de lecer de carácter público e gratuíto promovidas por este tipo de entidades, e dirixidas ao conxunto da poboación ou ben a colectivos precisados de especial atención desde as administracións públicas.

A dispoñibilidade orzamentaria da Deputación de Ourense para tal fin é de 120.000 euros, sendo a contía das axudas un máximo do 50% do custo total de cada proxecto, sen que ningún beneficiario poida obter un importe superior a 10.000 euros para o conxunto dos distintos proxectos que presente.

O prazo para presentar a solicitude para estas axudas comezará a partida da publicación destas bases na Base de Datos Nacional de Subvención e rematará o 28 de febreiro de 2018.

Por outra parte, a Xunta de Goberno aprobou tamén as bases reguladoras das axudas para o financiamento de proxectos de actividades culturais e recreativas, neste caso promovidos por concellos da provincia de Ourense, e que se realicen no ano 2018. As actividades culturais e recreativas que poden ser obxecto destas axudas son consideradas as mesmas que nas bases reguladores citadas anteriormente.

Poden ser beneficiarios destas axudas os concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, e teñen de prazo para presentar solicitude desde a publicación destas bases na Base de Datos Nacional de Subvencións e ata o 28 de febreiro de 2018.

A dispoñibilidade orzamentaria destinada para estas cuestións é de 100.000 euros, sendo a contía das axudas, como máximo, o 50% do custo total de cada proxecto para os concellos de máis de 5.000 habitantes e ata o 70% para os concellos de menos de 5.000 habitantes. Asemade, ningún beneficiario poderá obter máis de 10.000 euros para o conxunto dos distintos proxectos que presente.

Por último, continuando no capítulo de cultura, aprobáronse as bases para a regulación da concesión de axudas para o financiamento de festivais, ciclos, mostras ou actividades análogas relacionadas coas artes escénicas e musicais, promovidas por persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privas, que se desenvolvan na provincia de Ourense e que se realicen durante o ano 2018. Os solicitantes poderán presentar ata un máximo de tres proxectos.

A Xunta de Goberno tamén aprobou as bases reguladoras para a concesión de axudas para accións de promoción e xestión dos Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe Vitivinícolas da provincia

A contía máxima dispoñible para estas axudas é de 80.000 euros, sendo o importe máximo por axuda do 70% do custo total de cada proxecto, non podendo obter ningún beneficiario, axudas por importe superior a 20.000 euros para o conxunto dos distintos proxectos que presente.

Viticultura

A Xunta de Goberno tamén aprobou as bases reguladoras para a concesión de axudas para accións de promoción e xestión dos Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe Vitivinícolas da provincia de Ourense durante o ano 2018, considerándose accións de promoción e xestión, todos aqueles proxecto que teñan por obxecto promover e dinamizar este sector económico.

A contía máxima dispoñible para estas axudas é de 200.000 euros. sendo o importe máximo por axuda de 50.000 euros por cada beneficiario. O prazo para presentar as solicitudes comeza a partir da publicación das bases na Base de Datos Nacional de Subvencións ata o día 28 de febreiro de 2018.

Deporte

No apartado deportivo, aprobouse unha axuda por importe de 216.000 euros para o Club Ourense Baloncesto, para o fomento do deporte.