lunes 26.08.2019

Atopados restos de droga no campo de fútbol de Trasmiras

Os veciños teñen medo de que os rapaces xoguen no recinto
IMG-20190723-WA0001
IMG-20190723-WA0001

Os veciños do concello de Trasmiras denuncian o mal estado do campo de fútbol ubicado en O camiño de Regadiña, cuxas instalacións se atopan prácticamente en ruinas, con restos de basura e totalmente aberto o que facilita a entrada de calquer persoa, xa sexa adulta ou menor. Ademais disto, tamén se atoparon restos de drogas e xiringas usadas o que alarmou ás persoas da zona.

IMG-20190723-WA0019

A situación foi comunicada ao concello, pero aínda non se levaron a cabo as labores de limpeza pertinentes nin se tomaron medidas para remediar ditos problemas, a pesar do risco que corren os nenos e nenas que acoden a xogar ao campo.