Dende a Limia
05:00 h. Jueves, 20 de Septiembre de 2018

O albergue Amigos da Terra "As Corcerizas" acolle un encontro da mocidade labrega en Vilar de Barrio

Patricia F.S | 21 de Septiembre de 2016 (12:01 h.)

    A mocidade labrega ten unha cita este sábado no albergue Amigos da Terra "As Corcerizas" na pista forestal Arnuide-San Mamede, en Vilar de Barrio.

Baixo o nome "Aldeas Revoltas" o encontro ten como obxectivo achegar os diferentes modelos de produción e facilitar o intercambio de experiencias. 

A xornada dará comezo ás 10.30h cun debate dos diferentes grupos de traballo e que rematará cun xantar ecolóxico. Pola tarde o grupo de mozos labregos visitará unha granxa da comarca para coñecer de primeira man o traballo que alí se desenvolve. 

O encontro rematará cunha cea e unha festa tradicional e compartirán espazo coa Escola de Acción Campesina que comeza o seu curso en Galicia. 

A actividade é aberta a calquera persoa que queira participar pero precísase inscrisión previa no correo electrónico mocidade@sindicatolabrego.com.