domingo 22.09.2019

Un ciclista tivo que ser rescatado tras caer e desorientarse en Vilar de Barrio

O home practicaba deporte pola serra de San Mamede cando sufriu o accidente

Un ciclista tivo que ser rescatado tras caer e desorientarse en Vilar de Barrio

    Un ciclista circulaba pola serra de San Mamede, en Vilar de Barrio, na tarde do mércores. Por causas que se descoñecen, caeu e desorientouse.

Tras pasar uns momentos de angustia, conseguiu chegar á estrada que vai de Vilar de Barrio cara Alberguería pero non sabía a que altura se atopaba polo que alertou ó 112 Galicia, cando eran as 21h da noite.

Os servizos de emerxencia localizaron ó home tempo despois. Como consecuencia do golpe, presentaba unha ferida na cabeza e foi atendido polos técnicos de Urxencias Médicas. A pesar das feridas, o ciclista estaba consciente e mesmo mantivo o contacto co persoal do CAE-112 Galicia. 

O Centro de Atención de Emerxencias de Galicia solicitou tamén a axuda dos axentes da Garda Civil e dos membros de Protección Civil de Vilar de Barrio. Na busca tamén participaron efectivos da agrupación de Maceda que recibiran unha chamada dun veciño.

Comentarios