Dende a Limia
04:58 h. Jueves, 20 de Septiembre de 2018

Investigado un veciño de Maceda por catro incendios en Vilar de Barrio

O. Ferreiro | 21 de Diciembre de 2017 (22:45 h.)
Imaxe de arquivo dunha avioneta apagando lumes.
Imaxe de arquivo dunha avioneta apagando lumes.

A Garda Civil da Comandancia de Ourense tomou declaración en calidade de investigado a R.G.G., veciño de Maceda, pola súa presunta autoría nos catro incendios forestais ocorridos nos montes da localidade de Arnuide-Vilar de Barrio, a finais de setembro e principios de outubro do ano actual, onde se viron afectadas 0,21 ha. de monte baixo e 2,5 ha. de arboledo, que a forza actuante considera provocados e con motivacións vandálicas.

As dilixencias foron entregadas no Xulgado de Instrución de Xinzo de Limia (Ourense).