sábado 21.09.2019

Novo “paro educativo” en Vilar de Barrio

Mañá xoves 25 ás 10:15 ás portas do centro educativo

Foto anterior "paro"
Foto anterior "paro"

A ANPA de Vilar de Barrio e a veciñanza do concello, concentraranse de novo este xoves día 25 dende as 10,15  facendo un parón educativo de dúas horas.

Tralo pasado acto, o día 4 de outubro, e a recollida de máis de 1000 sinaturas, a Consellería de Educación segue a desoír a nosa proposta. .Necesitamos un mestre máis para poder atender o alumnado, esiximos que se poñan os medios necesarios para que os nosos fillos e fillas poidan superar as súas dificultades, e para iso é necesario aumentar o cadro de docentes, na actualidade formado por 3persoas e a directora  que imparte as clases de inglés. Seguiremos mobilizándose ante as pasividade da Consellería de Educación da que aínda non obtivemos nin resposta para nós contar en Santiago