martes 19.11.2019

Pretendía cobrarlle ao seguro o coche por roubo, pero non “colou”

Pretendía cobrarlle ao seguro o coche por roubo, pero non “colou”

A Garda Civil de Vilar de Barrio tomou declaración  e calidade de investigado a D.A.F. de 36 anos de idade veciño de Vilar de Barrio como presunto autor dun delito de de “simulación de delito”.

Segundo comunica a portavoz do corpo de seguridade  o investigado fixo unha denuncia por roubo do seu vehículo. A partir dese momento comezaron as investigación por parte dos membros da G.C.,   e tras realizar varias averiagüacións puideron constatar que o denunciante tivera un accidente co coche en Allariz, é que o que pretendía era cobrar do seguro.

Foi posto a disposición do xulgado de Xinzo de Limia.