Dende a Limia
05:00 h. Jueves, 20 de Septiembre de 2018

Vilar de Barrio celebra a 37 edición da Festa da Pataca

| 07 de Octubre de 2016 (13:22 h.)

    Vilar de Barrio prepárase para celebrar a Festa da Pataca. O festexo dá comezo o sábado cunha festa da cervexa alemana. 

O domingo a xornada dará comezo ás 12h coa apertura da festa. Ás 13h será o tempo da comida . Os produtos que se presenten ó tradicional concurso poderán entregarse ata ás 17h.

A entrega de premios será ás 19h. As categorías do concurso son a pataca máis rara, a pataca máis grande, a mellor tortilla de patacas, o conxunto de produtos de outono e produtos de outono individual. O premio máximo será de ata 100 euros. 

A música correrá a cargo da banda de gaitas "A Peniza" de Vilar de Barrio, Os Jalos de Antioquía e a charanga Támega