Dende a Limia
01:32 h. Sábado, 16 de Diciembre de 2017

VILAR DE BARRIO ENCHESE DE ACTIVIDADE

| 22 de Julio de 2017 (20:09 h.)

O Concello de Vilar de Barrio  conxuntamente coas asociación Cultura Os Gaiteiros e asoc.. Xuvenil Os Gaiteiros encheran na próxima quincena o pobo de actividades culturais, deportivas, concertos e animacións a lectura, entre outras.

BRINCA VAI , CONCERTO  E ACTIVIDADES VARIAS ATA FINAIS DE XULLO

CARTELconcerto_En_mala_horaA primeira das actividades será a animación a lectura, que se levará a cabo o próximo mércores 26 e a seguinte será un concerto  na noite do domingo día 30 no que a música poraa o grupo EN MALA HORA. O concerto levarase a cabo as 12:30 e a entrada será de balde. O grupo EN MALA HORA, entre outras cousas dedicase o versionado de grandes cancións de rock.

O último día de xullo  as actividades comezarán as 18:00 coa instalación dun ROCÓDROMO  con catro niveis de dificultade e sen límite de idade para participar.

As 10 da noite haberá unha “QUEDADA” para cear no Toural  acompañado da familia ou amigos, e o único requisito será que cada un traia o seu bocadillo.

Rematará a noite cunha disco móbil no mesmo lugar ata que o corpo aguante.

 

ANDAINA E  RUTA CICLOTURISTICA

Sen  case descanso das festas  0 4 de agosto celebrarase a IV edición da ANDAINA POPULAR  de V. de Barrio.  A saída da mesma será as 09:30 dende a Praza do Toural, pechándose a inscrición soamente 15 minutos antes. A inscrición será gratuíta  e haberá agasallos para todos os participantes ademais de froita e auga. O percorrido será polas beiras do Arnoia.

Para seguir facendo deporte o día 6 de agosto celebrarase a xa clásica RUTA CICLOTURISTICA na súa X edición.  A modalidade será en BTT tendo que percorrer 25 Km/aprox. Cunha dificultade media tendo a súa saída temen no Toural. A recollida de dorsais será de 09:30 a 10:30, hora da saída da ruta. A inscrición será temen de balde. A  idade mínima para participar serán os 8 anos.