Dende a Limia
18:25 h. Jueves, 18 de Octubre de 2018

Antonio Rodríguez Colmenero será o novo premio Pedra Alta do 2018

| 02 de Octubre de 2018 (11:08 h.)

O sábado pasado o padroado do Museo da Limia  a proposta do Consello Asesor, decidiu concederlle o galardón  co premio Pedra Alta do 2018 ao investigador Antonio Rodríguez Colmenero, co fin de recoñecer a  súa longa traxectoria intelectual, investigadora e divulgativa.  O acordo foi tomado por unanimidade de todos os membros.

Nesta extraordinaria tarefa de coñecemento teñen papel protagonista as terras que rega o río Limia, integrando un amplo territorio que vai desde a   patria pequena do autor nas abas do monte Larouco até as irmás portuguesas, con parada moi especial no lugar de Porto Quintela. Aquí, con infatigábel teimosía, leva preto de corenta anos sacando á luz as ruínas do campamento romano de “Aquis Querquennis” e loitando por dotar de infraestruturas e dun corpus bibliográfico que divulgue este excepcional xacemento, así como a súa prolongación e complemento, a calzada romana Vía Nova entre Braga e Astorga, e as culturas que os levaron a termo. E así mesmo, pola capacidade do profesor Colmenero para nos descubrir o encontro fraterno e agarimoso entre  a Vía Nova e o río Lethes no seu fluír cultural milenario.