jueves 14.11.2019

A Arca da Noe celebra o seu quinto aniversario

Música e baile ao aire libre para acoller a todos os interesados en asistir
arca2
arca2

Hoxe ás 19:00 horas terá lugar en Vilar de Santos a celebración do quinto aniversario da Arca da Noe que rematará o 4 de agosto ás 22:00.

Noemí Vázquez Nogueiras, propietaria, creou este local co obxectivo de promover o produto local a través de actividades culturais que pouco a pouco se foi dando a coñecer por medio das redes socias e do boca a boca. Afirma que a clientela e moi variada, ‘’un dos nosos obxectivos é que haxa relación entre xente de diferentes idades e ideoloxías e entre a xente do rural e do urbano’’. Non só a clientela é variada, senón tamén a música con jazz, pop, rock, músicas do mundo, música tradicional... sendo a súa finalidade promover a música en galego. Ademais disto, tamén desenvolven outras disciplinas relacionadas coa cultura, entre elas atópanse exposicións de pintura e fotografía, proxección de filmes, contacontos, cursos de pandeireta, teatro, presentación de libros, recitais poéticos...

arca 1

A celebración comezará co grupo de pandeiretas da propia Arca As MuXicas da Arca e media hora despois seguirá o concerto para nenas e nenos de Magín Blanco. Ás 21:00 horas deleitarannos con jazz Alejandro Vargas Trio e Rosa Cedrón. Tras finalizar realizarase unha foliada onde a xente poderá cantar e bailar, pero como non todo ía ser música e baile, haberá polbo e as recorrentes hamburguesas e tostas de todos os anos. Unhas actividades ao aire libre que acollen a todas as persoas que queiran asistir. O último día, o catro de agosto, terá lugar o concerto de NAO sobre ás 19:00.

O ano pasado a Arca encheuse con case 1.000 persoas e este ano espérase ter uns resultados moi parecidos.