Dende a Limia
00:13 h. Domingo, 16 de Diciembre de 2018

O “descubridor” de AQUIS QUERQENNIS recolleu o premio Pedra Alta 2018

| 24 de Noviembre de 2018 (19:26 h.)

Recoñecer o labor daqueles que contribuíron a que as terras do Lethes sigan mantendo o prestixio  inicialmente gañado a través da historia. Desta maneira comezou a loubanza do homenaxeado que este ano lle tocou o membro do padroado, ó arquitecto e profesor limián  Manuel Seoane Feijoo, quen comezou dicindo que tivo  a primeira IMG_7692referencia do homenaxeado cando xa estaba na universidade  1981 da man do profesor Soraluce,   quen  para facer un traballo sobre as vías romanas en Galicia,  tivo que consultar bibliografía sobre o tema. Utilizou para o caso a obra titulada   Galicia meridional romana , dun profesor de Deusto, que sorprendentemente para min no citado tratado falaba amplamente das miñas terras da Limia,  cuxo escritor resultou ser Antonio Rodríguez Colemenero.

Tamen dese ano foi a miña primeira visita a Aquis Querquennis, loxicamente pola estrada vella, lugar que  me pareceu  moi afastado. Anos despois tiven a honra de coñecer a Antonio, despois de tres intentos frustrados, pero , dende ese primeiro día hónrome de recibir na miña casa e de manter un contacto habitual.

Fixo unha breve introspección na vida do homenaxeado, dende o seu nacemento no ano 36 no pobo de Lucenza en Cualedro ata hoxe en día, pasando como era mester, para poder estudar naqueles tempos, polo seminario de Ourense, ata ser alumno e profesor en varias universidades españolas e europeas, para recalar ata a súa xubilación no campus de Lugo na cátedra de Historia Antiga.

 

IMG_7689Forma parte tamén como membro numerario das Reales Academias Galegas de Belas Artes  e de Historia, continuando ata os días de hoxe a súa labor investigadora, que o levou ata as escavacións arqueolóxicas en Chaves, Lugo o Oratorio Paleocristiano de Ouvigo nos Blancos. O asentamento romano de Sta. Marta de Lucenza, o Castro da Salceda en Cualedro. O Castro de Novás en Xinzo e por suposto dende hai máis de 40 anos en Aquis Querquennis en Portoquintela.

Tomou a palabra o nomeado como premio Pedra alta 2018 D. Antonio Rodríguez Colmenero para  comezar dicindo que este era o terceiro galardón recibido dende lugares achegados a súa casa. O primeiro fai media ducia de anos , no que lle concederon a vara de Xuíz do Couto Mixto, ou cando lle puxeron IMG_7678o seu nome a unha aula dun dos institutos de Verín, e este galardón recollido hoxe en Vilar de Santos . De todos eles estou moito máis ledo que de outros que me fixeron no percorrer da miña vida, aínda que tiveran mais recoñecemento público e máis sona.  Pasou despois a  dar as grazas o padroado do Museo pola honra recibida e meterse de cheo na súa intervención.

Varias foron as ideas que lle xurdiron para o discurso “obrigatorio” nestes casos  e encargado polos organizadores decantándose  ao final polo de  “ A evolución histórica da Gallaecia antes de ser Galicia”, patria de case todos os presentes no acto.

 

cats  3

Para comezar fixo referencia as “aras” dedicadas ao dios Xúpiter e o dios Larouco atopadas en Vilar de Perdices, dúas divinidades indíxenas que xunguen as comarcas de Galicia e Portugal, xuntas na Gallaecia.  

Unha vez rematada a súa charla maxistral os presentes trasladáronse ata un restaurante da Limia para botar boa conta dun bo xantar no que seguiron a escoitar  con moita atención as intervencións do homenaxeado  Antonio Rodríguez Colmenro, premio Pedra Alta da Limia pola súa traxectoria como investigador e divulgador da historia de Galicia, pero sobre todo da Limia.

ACOMPAÑAMENTO  MUSICAL

O acto institucional da entrega do galardón, no que estiveron presentes o alcalde de Vilar de Santos e o de Cualedro, así como o presidente do padroado Delfín caseiro e membros do mesmo, foi animado coas intervencións musicais levadas a cabo por dous vellos coñecidos ,  dos actos organizados polo Museo da Limia,  o cantante lírico Baldomero Pavón e o seu  músico acompañante, neste caso coa acordeón, Luis Humberto Cao, que deleitaron aos presentes con cancións   de poetas e compositores galegos  como as do ourensán Mestre Vide, no 125 aniversario do seu nacemento.