Dende a Limia
16:34 h. Jueves, 19 de Octubre de 2017

O doutor Elixio Rivas gaña o Premio Pedra Alta do Museo Etnográfico da Limia

O. Ferreiro | 09 de Octubre de 2017 (20:41 h.)
Imaxe de arquivo do Museo Etnográfico da Limia.
Imaxe de arquivo do Museo Etnográfico da Limia.

O Museo da Limia crea o Premio Pedra Alta e distingue nesta primeira edición ao lexicólogo, etnógrafo e profesor de Xunqueira de Ambía, doutor en Filoloxía Románica, don Elixio Rivas Quintas.

O pasado 30 de setembro constituíse en Vilar de Santos o Consello Asesor do Padroado do Museo Etnolóxico da Limia, que ten como finalidade definir e planificar a programación de actividades desta entidade.

A primeira xuntanza do citado Consello Asesor, dirixida polo presidente do Padroado do Museo da Limia, Delfín Caseiro Nogueiras, acordou crear o premio Pedra Alta, un galardón cuxo obxectivo é recoñecer o traballo e dedicación de persoas ou entidades, encamiñados a pór en valor o coñecemento do pasado, a análise da realidade actual, a creación intelectual, os elementos identitarios, ou o apoio ao desenvolvemento económico e social da comarca da Limia.

A persoa merecente do primeiro "Pedra Alta", correspondente a este ano 2017, é don Elixio Rivas Quintas.