Dende a Limia
04:13 h. Martes, 26 de Septiembre de 2017

"Mascotas" chega ao cinema de verán de Vilar de Santos este domingo

O. Ferreiro | 22 de Agosto de 2017 (21:48 h.)

Este domingo, a partir das 22:00 horas da noite, a Praza do Concello de Vilar de Santos converterase por un par de horas nunha sala de cinema ao aire libre. O cinema de verán de Vilar de Santos volve desta volta cunha das palículas de animación máis taquilleiras do ano: "Mascotas".

Nenos, nenas e familias enteiras poderán achegarse a desfrutar das boas temperaturas e do bo cinema nunha noite de verán organizada polo Concello de Vilar de Santos.