Dende a Limia
05:51 h. Sábado, 15 de Diciembre de 2018

O Museo da Limia dedicará varios actos a dar a coñecer a vida e obra do poeta Antón Tovar

| 12 de Marzo de 2018 (18:55 h.)
Membros xunta directiva Museo da Limia
Membros xunta directiva Museo da Limia

O Museo da Limia dedicará varios actos a dar a coñecer a vida e obra do poeta Antón Tovar Bovillo, da Pereira, apoiando a proposta do Concello de Xinzo de dedicarlle o Día das Letras Galegas. En Setembro, o museo elexirá a persoa ou institución gañadora do Premio Alta de 2018. A finalidades es que este día sexa dedicado a divulgación e promoción da vida do poeta  mediante recitais poéticos, musicalización de algún poema por parte da musica limiá Carme Penim e a organización de presentacións públicas de obras dedicadas ao autor.

Acordos para levar a cabo o proyecto: «conversas na taberna» e «guías veciñais»,

 Os acordos mais significativos para levar a cabo este proyecto son a incorporación de novos membros ao Consello asesor como Lucía Nóvoa Joga e Alex de los Rios Conde. Además, André Taboada representou ó Museo da Limia na última reunión do Consello Galego de Museos en Santiago. Tamén que se aposta pola recuperación das «conversas na taberna» como foro de debate sobre os temas máis relevantes da Limia que este ano serán a pataca, outros cultivos na Limia e o sexagésimo aniversario da disecasión da Lagoa de Antela.

O coordinador Xosé Antón Jardón Dacal proponse recuperar a figura dos «guías veciñais», veciños voluntarios que informen a os grupos de visitantes sobre os contidos do museo e propón que, a fin de elexir a persoa ou institución gañadora do Premio Pedra Alta 2018, todos os membros do Consello Asesor realicen una sondaxe para obter unha opinión participada por máis xente.

A Biblioteca da Limia buscará creadores de ámbitos distintos a la poesía.

A Biblioteca da Limia terá como obxetivo agrupar obras de autores da Limia que garden relación coas humanidades e intentará incorporar a presenza de creadores doutros ambitos como escultura, pintura, cine...así coma outro material editado que garde relación coa comarca. Instarase á Xunta Directiva que estableza a data da inauguración antes do Día das Letras Galegas de 2018.

Promoción e publicidade

Para a promoción, socios, publicidade e fomento das visitas, as propostas son: perdirlle ao concello que faga as campañas en medios de comunicación, que o vicepresidente siga coa promoción nas redes, buscaranse patrocinadores para eventos concretos e que á Xunta Directiva active un plan de afiliación de socios.