Dende a Limia
05:54 h. Sábado, 15 de Diciembre de 2018

O Centro de Cultura Popular da Limia presenta o nº 13 da revista Lethes no Museo da Limia

O. Ferreiro | 18 de Diciembre de 2017 (23:09 h.)
Imaxe da fachada do Museo da Limia.
Imaxe da fachada do Museo da Limia.

O Centro de Cultura Popular da Limia, en colaboración co Museo da Limia e a Fundación Carlos Casares, organizan a presentación do número 13 da revista Lethes, Cadernos culturais do Limia; así como da entrega dos premios do II Certame de creación literaria e plástica "Carlos Casares".

No citado número recóllense as aportacións de máis dunha ducia de escritores e escritoras limiás que asistiron ao encontro celebrado na pasada primavera no Museo Etnográfico da Limia. Tamén recolle os traballos dos alumnos dos centros de ensino da comarca que participaron no II Certame "Carlos Casares". 

No acto de presentación contarase coa actuación do grupo musical "Trovare". 

O evento terá lugar o vindeiro día 27 de decembro, mércores, ás 17:30 horas, no Salón Multiusos do Concello de Vilar de Santos.