Dende a Limia
04:11 h. Martes, 26 de Septiembre de 2017

O museo etenográfico da Limia recibe 12.000 € da Deputación Provincial

| 02 de Septiembre de 2017 (14:16 h.)

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou na reunión celebrada esta mañá un total de 104.000 euros en axudas para concellos e entidades da provincia de Ourense destinadas a temas de cultura e infraestruturas.

En materia de cooperación cos concellos, na reunión aprobouse unha axuda para o Concello de Avión por importe de 60.000 euros para os gastos de mantemento da Escola Infantil Municipal. Para o Concello da Rúa aprobou unha axuda de 10.000 euros destinada ao ascensor no Centro de Saúde do municipio. E, por último, para o Concello de Vilar de Santos, aprobou unha axuda de 12.000 euros para os gastos de funcionamento e mantemento do Museo da Limia, correspondentes ao ano 2017.

Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou a resolución da convocatoria de axudas a concellos para a organización de actividades culturais e recreativas correspondentes ao ano 2017. Na resolución concedeuse un total de 99.998 euros en 91 actividades culturais a desenvolver en diferentes municipios da provincia de Ourense.