Dende a Limia
00:16 h. Domingo, 16 de Diciembre de 2018

O sábado 24 entrégase o premio Pedra Alta 2018

| 23 de Noviembre de 2018 (16:08 h.)

O vindeiro sábado, día 24 de novembro de 2018, terá lugar o acto de entrega do Premio Pedra Alta de 2018, concedido polo Museo da Limia, nesta segunda edición, a don Antonio Rodríguez Colmenero.

PROGRAMA:

11:15 horas, visita ao Museo da Limia.

12:00 horas, acto de entrega do premio no salón multiusos da casa do Concello.

DESENVOLVEMENTO DO ACTO:

- Inicio do acto, coa intervención musical de Luis Humberto Cao e Baldomero Pavón.

- Saúdo do Alcalde de Vilar de Santos, Xan Jardón Pedras, Presidente de Honra do Museo da Limia.

- Intervención do Presidente do padroado do Museo da Limia, Delfín Caseiro Nogueiras.

- Lectura da acta da sesión, pola que se acorda concederlle o Premio Pedra Alta de 2018 a don Antonio Rodríguez Colmenero, a cargo da Secretaria do Padroado, Sabela Rodríguez Jardón.

- Entrega do Premio Pedra Alta de 2018 a don Antonio Rodríguez Colmenero.

- Nova ntervención musical de Luis Humberto Cao e Baldomero Pavón.

- Laudatio do galardoado, a cargo de Manuel Seoane Feijoo, Vogal do Consello Asesor do Museo da Limia.

- Lección maxistral de don Antonio Rodríguez Colmenero, Gallaecia e Galicia: a nai e a filla do noso devir histórico.

 

14:30 horas, xantar-cocido «Pedra Alta» no restaurante Novaíño, para as persoas de efectuaron o correspondente pagamento.