Dende a Limia
13:57 h. Domingo, 25 de Febrero de 2018

O subdelegado do Goberno recibiu hoxe a Xan Jardón en Ourense

O. Ferreiro | 31 de Enero de 2018 (22:51 h.)
O alcalde de Vilar de Santos, Xan Jardón co subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro.
O alcalde de Vilar de Santos, Xan Jardón co subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro.

O alcalde do concello limián de Vilar de Santos visitou hoxe a capital provincial para ser recibido polo subdelegago do Goberno en Ourense, Roberto Castro. 

A audiencia produciuse na sede da Subdelegación do Goberno e o rexedor galeguista puido tratar co máximo representante do Goberno central temas referidos á seguridade cidadá que afectan directamente a Vilar de Santos.