Dende a Limia
21:59 h. Sábado, 15 de Diciembre de 2018

A presentación do número 13 da revista Lethes pechará os actos na honra de Carlos Casares

O. Ferreiro | 26 de Diciembre de 2017 (23:20 h.)

O Centro de Cultura Popular do Limia, en colaboración co Museo da Limia e coa Fundación Carlos Casares, tconvida aos cidadáns e cidadás da Limia, así como demáis interesados, á entrega de Premios do "II Certame de creación literaria e creación plástica Carlos Casares" e á presentación do número 13 da revista Lethes, Cadernos Culturais do Limia, cuxa impresión correu a cargo da Deputación de Ourense. Neste número da revista Lethes participan máis dunha ducia de escritores e escritoras limiás.

O acto terá lugar o vindeiro día 27 de decembro, mércores, ás 17:30 horas en Vilar de Santos.

O acto terá lugar o vindeiro día 27 de decembro, mércores, ás 17:30 horas, no salón multiusos do concello de Vilar de Santos e no Museo da Limia.

Intervirán Gustavo Garrido, secretario da Fundación Carlos Casares, Delfín Caseiro, presidente do Padroado do Museo da Limia e Manolo Seoane, Presidente do Centro de Cultura Popular do Limia. 

Acompañaranos o grupo musical Trovare e, despois da presentación, tomaremos un viño do País. Este acto pecha todos os dedicados ao escritor limiao Carlos Casares con motivo das Letras Galegas de 2017.