Lunes 27.05.2019

Vilar de Santos xestionará un orzamento de 1.140.000 euros para o 2019

O Concello de Vilar de Santos aprobou no pleno do 26 de febreiro o orzamento para o ano 2019 que ascende a 1.140.000 euros, cun incremento do 12% máis respecto do 2018.

Casa do Concello de Vilar de Santos
Casa do Concello de Vilar de Santos

En cifras, o gasto de persoal do concello supón o 32%, 367.570 euros, co que xestionamos directamente  tódolos servizos municipais para atender as novas necesidades xurdidas e reforzar a atención dos servizos sociais comunitarios e outros como a Escola Infantil. Os gastos correntes significan o 21%, 245.799 euros, a mesma porcentaxe que no ano 2018,  logrados grazas ao control e racionalización do gasto. Globalmente as actuacións de protección e promoción social, os servizos públicos básicos, educación, cultura e outros programas  representan a maior parte do orzamento.

Ademais as taxas e impostos municipais para 2019 permanecerán conxeladas, o mesmo que no 2015, 2016, 2017 e no 2018 o que implica un maior esforzo económico e de xestión. Os posibles aumentos nos custes dos servizos non serán repercutidos aos veciños e serán asumidos polo concello. Podemos facelo. De feito, introducimos e repercutimos unha bonificación aos veciños no recibo do lixo deste ano. Tamén incluímos novamente as modificacións fiscais na Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre bens inmobles- IBI, na Ordenanza reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras – o ICIO e na Ordenanza reguladora do imposto sobre Actividades Económicas- IAE, fixando bonificacións ata o 95% para proxectos novos ou ampliacións dos existentes que creen emprego durante un período de 3 anos, que vai permitir continuar adheridos á iniciativa “Concellos Doing Business Galicia” entre a Xunta de Galicia e os concellos. Pretendemos dinamizar e incentivar e axudar ás empresas e novos proxectos e negocios e ó mesmo tempo xerar atractivo para as persoas que queiran vivir e establecerse en Vilar de Santos.

Cuestións relevantes tamén son que a débeda pública do concello é cero, a inexistencia de ningún plan de axuste e de ningunha débeda con provedores.

Son uns orzamentos consolidados, equilibrados, cunha clara vocación inversora - incrementamos e reforzamos un ano máis a inversión produtiva - destinando a investimentos públicos 505.855 euros, o 44% do orzamento, cun incremento do 23% respecto do 2018, para consolidar e financiar máis proxectos que van permitir reforzar a aposta do Goberno municipal de Vilar de Santos para garantir servizos públicos de calidade e consolidar o noso modelo de desenvolvemento, con autonomía e co obxectivo engadido de frear o envellecemento e reducir o descenso demográfico e asentar poboación - no 2017, Vilar de Santos foi o concello da Limia con menor descenso de poboación, tendencia que continuou no 2018 - priorizando varias áreas de actuación:

  1. Aposta polos servizos sociais municipais, públicos e excelentes. Como un instrumento básico de integración e cohesión social e de mellora da calidade de vida :
    • Acometeremos reformas no Centro de Día e a transformación e ampliación da Vivenda Comunitaria nun Fogar Residencial. En funcionamento desde o ano 2008, pretendemos que siga sendo un centro polivalente que combina nun mesmo edificio as posibilidades do centro de día ca zona de vivenda comunitaria, aberta no 2012. Imos ampliar as prazas para transformala nun fogar residencial, e desta maneira facer fronte ao envellecemento. Terá espazos comúns complementarios e todo tipo de servizos integrados cunha atención especializada e de calidade ás persoas maiores do concello no seu entorno.
    • Reforzamento do Servizo de Axuda no Fogar para a atención á dependencia, mediante a contratación por concurso público de 5 auxiliares de axuda no fogar, xa feito
    • Melloras dos servizos da Escola Infantil.
    • Novos servizos para nenos e mocidade e un novo Plan de Igualdade.
  2. Mellora das infraestruturas e equipamentos públicos:
    • Inversión de 199.432,01 euros para o proxecto  de Renovación do alumeado público en Barrio, Vilar de Santos, a travesía de Vilar de Santos-Castelaus, nas Casas da Veiga e no pobo de Castelaus coa que financiar unha primeira fase dun ambicioso proxecto de renovación global para o cambio a LED da iluminación pública de todo o concello.
    • Continuar ca rehabilitación de vivendas e espazos públicos na ARI de Vilar de Santos e no resto dos pobos, que significa unha nova fase de axudas en vigor cunha80.632 euros.
    • Proxectos de mellora na rede municipal de camiños e accesos en Outeiro e Casas da Veiga, camiños da parcelaria e na rede de abastecemento e saneamento
  3. Dinamización da actividade económica e o emprego. Para facer de Vilar de Santos un espazo atractivo para investir e crear emprego:
    • O Concello prepara a venda dun novo lote de parcelasde solo industrial dispoñible no Parque Empresarial.
    • Outra medida importante: a posta en marcha do Centro de Iniciativas, agora no mes de marzo para poñer á disposición dos emprendedores un espazo integral de servizos. Despois destes meses da súa utilización durante a obra de mellora das instalacións da Casa do Concello.
    • Imos procederao novo contrato de concesión do Albergue municipal A Escolaprocedemento aberto
    • Previsión de novos programas de formación e emprego para desempregados.
  4. Valorización do noso patrimonio cultural e turístico, con actuacións previstas no Museo da Limia, centro BTT e noutros recursos e bens patrimoniais e turísticos do concello.

“Estes orzamentos son indicativos da excelencia e boa xestión levada a cabo no concello, con planificación, con servizos públicos de calidade e eficientes e acometendo os investimentos necesarios para o desenvolvemento do concello, atendendo todos os compromisos e non só consolidar senón tamén ampliar e crear novos programas municipais de calidade e referencia, punteiros para seguir avanzando no benestar social e na mellora da calidade de vida de todos os veciños e veciñas de Vilar de Santos”, di o alcalde Xan Jardón e “neles reflectimos o noso compromiso cunha xestión pública transparente, eficiente e solvente co diñeiro público”.