Dende a Limia
00:07 h. Viernes, 16 de Noviembre de 2018

11 centros educativos da provincia participarán no programa cultural “Tertulias Literarias” en galego

| 23 de Enero de 2018 (21:16 h.)
Acto de presentación do programa
Acto de presentación do programa

 A Deputación de Ourense e a Concellería de Educación do Concello de Ourense organizan unha nova edición da iniciativa cultural “Tertulias Literarias”, en galego, que dará comezo o día 30 de xaneiro, e na que participarán 11 centros educativos da provincia de Ourense. O libro escollido para esta edición é a novela Izan o da saca, de Xabier Quiroga. A presentación desta actividade tivo lugar hoxe no Salón de Plenos do Concello de Ourense, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense , Rosendo Fernández; o asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar; a concelleira de Educación de Ourense, Belén Iglesias; e a coordinadora do programa, Sara Dacal.

O vicepresidente da Deputación de Ourense destacou a importancia de ler e os seus beneficios como “manter o cerebro activo”, e engadiu que “o ler non ten escusas”. Pola súa parte, Belén Iglesias salientou “o gran valor didáctico do traballo a través do libro, que fomenta a atención lectora e a capacidade de escoitarse”.

En total participarán 190 escolares de ESO e de Bacharelato, procedentes dos 11 centros educativos participantes: IES O Couto, IES Blanco Amor, IES Otero Pedrayo, IES As Lagoas, IES Universidade Laboral, CPR Divina Pastora, CPI José García, CPR Padre Feijóo, IES Allariz, IES Lagoa de Antela, IES Cidade de Antioquía.

Os debate, nos que poñerán en común experiencias e ideas sobre o libre e a lectura, desenvolveranse no Liceo de Ourense os días 30 e 31 de xaneiro e o día 1 de febreiro, ás 16.30 horas. O último día tamén estará o propio autor do libro desde as 18.00 horas.