Domingo 16.06.2019

1500 € en premios máis dous accesis

No primeiro concurso de doces organizado polo concello de Xinzo

O Concello de Xinzo convoca un concurso gastronómico para elaborar un postre típico da vila, baseado nunhas receitas tradicionais que  o  abade  da Parroquia de Santa Mariña de Xinzo  Don Bernardo Antonio González,  escribiu, no século XIX, no libro de fábrica   (libro administrativo a modo de diario económico da parroquia) nuns apuntes que recollían receitas para realizar lambetadas, cecais para os días de festa ou para visitas notábeis. nas que explicaba entre outras o método de facer  “barquiños”  e  “manteigadas” .

O Obxectivo do Concurso pretende dotar a Xinzo de Limia dun doce propio baseado nestas receitas tradicionais,  a  xeito de “Manteigadas Limiás” ou “Barquiños Antelanos”

O Concurso, fallarase  o 18 de Xullo festa de Santa Mariña nun SHOW COOKING  contando para elo cunha dotación de  1.500€ en  premios e dous accesis.

Para ver as bases prema aqui