Dende a Limia
04:05 h. Martes, 26 de Septiembre de 2017

A 25 horas da hora cero

| 17 de Agosto de 2017 (23:04 h.)

A 25 horas do prendemento do lume sagrado no campamento romano e castrexo do Esquecemento 2017 as vivendas dos castrexos están case rematadas ao  100%. Non así as tendas dos romanos que se afanaban a última hora desta noite para ter todo preparado para maña.

XA HAI AUTORIZACIÓN PARA FACER LUME

cats2

O plan de emerxencias preparado pola coordinadora sigue o camiño  previsto e son poucos os folecos que esta tarde quedaban por arranxar. As 11 da noite o responsable do tema dentro da coordinadora comunicoulle ao dendealimia que o permiso para facer lume este ano xa estaba asinado dende esta tarde.

ÚLTIMOS TOQUES AO PECHE

cats

Tamén a estas horas os organizadores  mantiñan unha reunión de urxencia, neste caso sobre a moto, e sobre a marcha, para por en común as últimas cuestións organizativas, ademais de proceder a poñer os postes de peche do recinto, que recordamos que para pasar ao recinto a partir das 12 da noite será obrigatorio ir cunha indumentaria  acorde coa festa, se non custará 3 €.