Sábado 20.04.2019

A terceira foi a vencida

Antonio Fernández “Toni” recibiu o apoio do 96% dos membros do comité

Ilusionado e arroupado por Antonio Pérez, Isaac Vila e o Presidente dos populares de Ourense, por fin o Partido Popular escolleu o seu candidato para pórse ao fronte da candidatura das elección de maio  e conquistar outra vez a alcaldía de Xinzo.

RENOVACIÓN,VETERANÍA E XUVENTUDE

IMG_7739

Despois do discurso a porta pechada, na que se supón agradeceu aos presentes que o referendaran co 96% dos votos, Antonio Fernández dirixiuse a prensa para manifestar estar moi contento por ser escollido para encabezar a lista do seu partido de sempre, e neste caso co apoio incondicional a súa persoa  de Antonio Pérez e Isaac Vila, co cal a tarefa de revalidar a maioría nas próximas elección, como punto de partida e moi importante.

Sen  querer desvelar nada da lista, hoxe non toca, si manifestou que sería una lista de renovación, con xente veterana e xuventude.