Viernes 22.02.2019

Aberto o prazo para matricularse no Conservatorio de Xinzo

Pecha o mesmo ó 28 deste mes de Xuño

De luns a venres  e de 15:30 a 20:30, atopase xa aberto o prazo para todos aqueles que queiran matricularse nos distintos estudos que se levan a cabo  no Conservatorio Profesional de Música de Xinzo.

Música e movemento, para nenos e nenas de 6 anos e Iniciación musical para ós de 7 son dous dos cursos para os mais cativos que se imparten neste caso os mércores cunha hora de duración.

GRAO ELEMENTAL E SUPERIOR

No primeiro grao existen posibilidades de anotarse e catro especialidades con instrumentos tan variados como, guitarra;violín;Tuba etc. No superior os alumnos e alumnas poden cursar 6 especialidades, como continuación as feitas no grao medio.

Para calquera información poden chamar o tf. 600 435 655  ou nas diferentes redes sociais.