Sábado 23.03.2019
TALLER DA ASOCIACIÓN LIMIACTIVA

Abrazando a risa interior

O sábado 16 a partir das 16:00

A Asociación Deportiva Limiactiva organiza o Taller ABRAZANDO A RISA INTERIOR, que imparte BAIA FERNÁNDEZ. Será o sábado día 16 de marzo no local social da asociación.

Este taller está aberto a todo o que queira asistir, sexa socio ou non de Limiactiva, con dous horarios, ás 16:00 para nenos e nenas e ás 18:30 h para adultos.

As inscricións poderán facerse na web da Asociación Deportiva Limiactiva ata o mércores.

Abrazando a risa interior é un método mediante o cal podemos colocar as nosas emocións mediante o gran poder da risa. Eliminar as actitudes tóxicas, favorecer a empatía, mellorar a capacidade pulmonar e o funcionamento cardíaco, elevar as nosas defensas, son só algúns dos beneficios desta práctica basada na consciencia corporal, a respiración, a relaxación e por suposto a RISA.