Dende a Limia
11:04 h. Jueves, 29 de Junio de 2017

Abre ao público a exposición dos traballos escolares sobre Carlos Casares

O. Ferreiro | 06 de Junio de 2017 (22:07 h.)

A exposición dos traballos escolares do II Concurso de Creación Literaria e Plástica sobre a vida e obra de Carlos Casares xa é pública. Veciños e visitantes que así o desexen poden achegarse á Casa da Cultura de Xinzo de Limia para ollar os traballos realizados polos rapaces e rapazas da Limia.

Na organización desta exposición participan o Concello de Xinzo de Limia, o Centro de Cultura Popular do Limia, o Museo da Limia, a Fundación Carlos Casares e os centros escolares da comarca da Limia.