martes 16.07.2019
NOTA DE PRENSA DE ADEGAL

ADEGAL aposta pola Limia anteo Concello cabeceira de

Membros do Consello Directivo de ADEGAL reuníronse con Elvira Lama e Amador Díaz

reunión ADEGAL
reunión ADEGAL

Na mañá de onte, tivo lugar unha reunión, solicitada po Adegal, coa alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, e co Tenente de Alcalde, Amador Díaz, responsable de Medio Rural no Concello.

Adegal, como representación do sector produtivo e empresarial da comarca da Limia, aposta polo seu impulso e promoción, así como pola defensa de diversas problemáticas de ámbito Administrativo, nos que a parte agrícola e gandeira, perfectamente organizada e estruturada, camiñan cara unhas prácticas sostibles, tanto a nivel social, como económico como ambiental.

Temas como os regadíos, a limpeza de canles e ríos, a mellora das pistas de servicio ás explotacións, foron postos de manifesto, sen esquecer a parte de depuración de augas residuais dos núcleos de poboación.

Tamén se solicitou, que se inste á Confederación Hidrográfica Miño-Sil á participación activa nas mesas creadas por Medio Rural, tanto para o seguimento dos regadíos da Limia como para a xestión dos abonos.

Froito do traballo coas distintas Administracións, establécese unha colaboración que poida repercutir positivamente na comarca agraria por excelencia de Galicia.