miércoles 23.10.2019

Os agricultores da Limia respiran tranquilos co bo prezo ó que se paga o quilo de pataca

Nestes días o quilo ronda os 20 céntimos

Os agricultores da Limia respiran tranquilos co bo prezo ó que se paga o quilo de pataca

    Os agricultores da Limia teñen case rematada a faena de recoller as patacas das fincas. A seca deste ano traduciuse nunha baixada da produción de ata un 20% nas zonas que non dispoñen de regadío. Pola contra, o tempo seco deste ano supuxo que o tubérculo non se enfrontase a problemas fitosanitarios, segundo os técnicos do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo. En xeral acadaranse as cifras de colleita do ano pasado, os técnicos apuntan a uns 100 millóns de quilos. 

O tempo non axudou a moitos agricultores pero en xeral todos están satisfeitos pois a demanda de pataca da Limia disparouse. Os competidores europeos da comarca, como Francia ou Holanda, baixaron a produción o que permitiu que o prezo da pataca subise ata un 200% en comparación co 2014. O ano pasado o quilo de patacas estábase pagando a 3 ou 4 céntimos por estas datas, este ano está en 20 céntimos.

"O prezo subiu tamén porque fóra de aquí debe haber unha colleita moi pequena e no sur de España as colleitas fóronse consumindo según ian saíndo das fincas e non nos veñen pisando os talóns", así o considera José Antonio Feijoo, que leva dedicándose á pataca dende 1996.

toñoEste agricultor sementou 12 fincas en Zos , un total de 22 hectáreas de patacas que recolleu en 20 días e das que xa leva vendidos uns 200 mil quilos, aínda que o seu mercado potencial comeza en xaneiro coa pataca que almacena. Sobre a baixada da competencia europea, José Antonio  considera que "Francia é o noso gran coco, cando Rusia pechou as fronteiras decían que Francia nos invadía o noso mercado porque non podía enviar produtos para esa zona, non foi así". José Antonio como moitos outros, está ampliando o mercado e agora os seus maiores consumidores son de Portugal onde a súa pataca está collendo auxe. 

En xeral son bos datos para os agricultores da comarca que lles permitirá repuntar as perdas do pasado ano e consolidarse como os produtores máis relevantes do tubérculo en España, tendo en conta que supoñen o 4% da recolleita de pataca en todo o estado español. 

Comentarios