lunes 21.10.2019

Agricultores, gandeiros e empresarios da Limia apoian o sector leiteiro e súmanse á manifestación que vai ter lugar este xoves.

A protesta percorrerá as rúas de Santiago de Compostela na defensa do sector primario.

Agricultores, gandeiros e empresarios da Limia apoian o sector leiteiro e súmanse á manifestación que vai ter lugar este xoves.

    A Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores de A Limia (ADEGAL) únese á protesta e fai un chamamento á Xunta de Galicia e ó Ministerio de Agricultora para que velen polo sector agrogandeiro, o cal conta cun gran potencial económico e social na comarca. 

Sinalan dende a asociación que estamos ante unha grave crise do leite motivada polos baixos prezos que apenas, din, cobren os custes de produción. De feito os gandeiros afectados queren deixar patente que non buscan subvencións ou caridade, senon que lle paguen un prezo digno polo traballo que realizan. 

ADEGAL apunta que isto pon en risco a viabilidade das explotacións detrás das cales hai numerosas familias, e que non reciben ningunha axuda da Administración.

Os empresarios, gandeiros e agricultores da Limia amosan a súa preocupación por esta crise do sector primario sendo unha das comarcas agrarias por excelencia en Galicia.

Por todo isto ADEGAL comparte a preocupación do sector lácteo polo seu futuro e súmase á mobilización de mañá en Compostela. A manifestación sae este xoves 10 de setembro da Alameda compostelá e percorrerá as principais rúas da cidade para rematar perante a sede da Xunta de Galicia en San Caetano.

Comentarios