Dende a Limia
16:36 h. Lunes, 22 de Octubre de 2018

Alfonso Valdés falou en Xinzo sobre o Rexistro Galego de Instrucións Previas

| 18 de Enero de 2018 (09:24 h.)

Alfonso  Valdés falou en Xinzo sobre o Rexistro Galego de Instrucións Previas que se atopa na Consellería de Sanidade. Neste rexistro existe o Documento que segundo indica a propia Consellería  é o documento mediante o cal unha persoa maior de idade, capaz e libre, manifesta anticipadamente a súa vontade sobre os coidados e tratamentos que podería precisar no futuro e o destino final do seu corpo, co fin de que esta vontade sexa res­pectada no caso de que non teña capacidade para manifestala.

37

Valdés deu unha visión dos temas delicados chegados certos momentos e situación, das que hoxe, xa dunha maneira un pouco mais xeneralizada se fala nas consultas médicas ante unha situación de enfermidades irreversibles nas que segundo a crenza, a situación  e as propias manifestacións dos que nese momento representan a vontade dos enfermos, porque eles xa perderon, poden decidir sobre o futuro dos tratamentos que se lle están ofrecendo e que nalgúns casos o enfermo manifestou que chegado “ese momento” na evolución da súa enfermidade, non querería que lle administraran.

Todo comezou coa Declaración de Oviedo e continuou coas lexislacións autonómicas, incluídas a nosa que desenrola o DIP (Documento de Intencións Previas.

Tratábase de informar aos presentes da súa existencia e dos procedementos para chegar a asinar  ese documento, ademáis de facer fincapé,durante toda a charla do importante da comunicación entre enfermo e persoal médico, onde tamén se pode manifestar as intencións propias, que tamen sirve como “declaración de intencións” que os facultativos e a familia deben respetar.

Ao final abriuse un coloquio cos asistentes no cal Alfonso aclarou as dúbidas que lles xurdiran aos presentes.

Guia de instruccións previas sobre coidados e tratamento da saúde.