Dende a Limia
04:29 h. Miércoles, 15 de Agosto de 2018

O alumnado de hostalaría do IES Lagoa de Antela participan na Semana Verde de Silleda

| 09 de Junio de 2018 (13:50 h.)

O alumnado  do segundo curso de F.P. BÁSICO DE HOSTALERÍA do I.E.S. LAGOA DE ANTELA, hoxe , dende o espazo FP INNOVA da Consellería de Cultura, Educación e O.U. ofrecerán as seguintes catas:

Ás 11:00 e 16:30 h: Cata comentada de queixos peculiares de Galicia.

Presentación dunha miscelánea de queixos debidamente decorada e presentada ca seguinte composición:

Queixo do cebreiro curado,  queixo azul galego, queixo curado sen lactosa con estrugas,  queixo semifresco de leite de cabra pasteurizada e castaña confitada, requeixo con castaña, crema de queixo, queixo da cabra.

Os produtos son das empresas CORTES DE MUAR, QUEIXOS FEIJÓO DE CELANOVA, AIRAS MONIZ, POSADA, SANTO ANDRÉ, COMO CABRAS

Ás 13:00 e 18:00  "De ortiga a estruga"

322Charla sobre as propiedades gastronómicas e nutricionais das estrugas.

Degustación de bocados de productos gastronómicos con estrugas: empanada negra de estrugas, orchizo, orchichón, queixo sen lactosa con estrugas, galleta mariñeira con revolto de estrugas, chouriciños de estrugas en aceite de oliva, crema de estrugas, licor de estrugas, aceituna rechea con xelatina de vermú de estrugas

Os produtos son elaborados por panadería Tellado de Celanova, carnicería Casasoá, queixos Feijóo de Celanova, Casa da avoa, licores Nor-Ibérica  e conservas María Tola.  Ca participación neste espazo tratase de por en valor o potencial gastronómico da estruga e deixar claro como a día de hoxe este vexetal considerado mala herba xa é considerado pranta con amplas virtudes gastronómicas.

No exercicio de presentación destes bocados maridaranse con diferentes produtos como galletas Mariñeiras, mermeladas desenroladas polo IES COROSO, Xacobleas, entre outras execpcionalidades da cociña galega.

A finalidade principal e dar a coñecer o traballo dos alumnos de F.P. BÁSICA DO LAGOA DE ANTELA e a súa formación no campo de servicios de restauración así como en qué consisten estas ensinanzas e a importancia delas no sistema educativo.

320