jueves 14.11.2019

Alumnos do Conservatorio de Xinzo, outra vez protagonistas do programa Camiños Sonoros

Hugo González,  José García,  Aldara Rodríguez e Xosé Fernández
Alumnos do Conservatorio de Xinzo, outra vez protagonistas do programa Camiños Sonoros

Hoxe sábado os  xoves talentos do Conservatorio Profesional de Música de Xinzo, volven ser protagosnistas da programación dos Camiños Sonoros, esta vez en Allariz.

camiños sonoros 3Este proxecto de Camiños Sonoros, impulsado pola Xunta de Galicia, conta coa participación de mozos e mozas estudantes de sete conservatorios galegos (os dous superiores de Vigo e a Coruña) e outros cinco profesionais entre os cales se atopa o de Xinzo de Limia.
O programa está dirixido pola pianista Andrea González e forma parte da programación previa ó Xacobeo 21 e inclúese no Plan Director do Camiño de Santiago.
Alumnos do Conservatorio Profesional de Xinzo xa participaron nestes concertos no Pazo de Liñares (Lalín), no Mosteiro do Carboeiro (Silleda) e na Igrexa de San Martiño (A Mezquita)camiños sonoros 1

Este sábado será en Allariz cando Hugo González, José García, Aldara Rodríguez e Xosé Fernández nos deleiten coa súa música a beira do río Arnoia. Ademais nos ofrecerán algunha sorpresiña sunto co actor Giuliano Lancelotti Crespo, alumno da Escola Superior de Arte Dramática Galega.


 

Alumnos do Conservatorio de Xinzo, outra vez protagonistas do programa Camiños Sonoros