Dende a Limia
07:37 h. Martes, 23 de Octubre de 2018

Os alumnos do IES Cidade de Antioquía visitarán o CTC para realizar unhas actividades co proxecto Nutrigrups en colaboración con Coren

| 05 de Mayo de 2018 (10:41 h.)

O vindeiro día 14 de maio celebraráe no Cenro Tecnolóxigo da Carne (CTC) dende as 11h ata as 15h unha xornada especializada para os grupos de poboación en idades diferenteciadas, como actividade final do proxecto Nutrigurps. É unha actividade aberta ó público e destinada a grupos de nenos (entre 5 e 7 anos), adolescentes (arredor dos 15 anos) e senior (máis de 65 anos). O evento con adolescente celébrase o próximo martes 14, contando coa participación de 36 alumnos do IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia. A xornada cos nenos celebraráse o próximo luns día 7 e a senior o día 15 deste mesmo mes.

 

As actividades previstas con adolescentes consistirán nunha xornada de portas abertas no CTC, incluíndo a visita a plata piloto, onde os propios alumnos aprederán diferentes sistemas de envasado de carne fresca, os laboratorios fisico-químicos  onde realizaran unha pobra cualitiva de almidón en diferentes alimentos e unha pequena proba de textura. Tamén visitaran o laboratior de cormatografía onde coñeceran o funcionamento dos equipos cromatográficos por medio de exemplos de composots que poden ser identificados e cuantificados na carne, como o colesterol, os aminoácidos ou os ácidos grasos. No laboratorio de microbioloxía realizarán unha proba adaptada a cada idade; na oficina proxectos os adolestecentes asistirán a unha charla sore as características d carreira investigadora e como dende a innovación podese apoiar as empresas. Finalmente, todos tendrán unha sesión de cata dos productos cnárnicos mellorados e desenvolvidos en exvlusiva para o proxecto Nutrigrups. A guinda da xornada será a realización dunha comida elaborada no CTC como agradecemento pola sua participación no proxecto.

 

O proxecto Nutrigrups está enmarcado na Unidade Mixta impulsada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), Coren e o CTC para a dinamización do sector cárnico. Por mor deste proxecto, iniciado en 2015, desenvolveronse productos cárnicos máis saudables, adaptados as necesidades nutricionais específicas de cada un dos grupos de poboación, dende a infancia ata a terceira idade.