miércoles 23.10.2019

Amador Díaz presidente da asociación de produtores de pataca agradeceu ao Conselleiro que a petición feita no seu día fora tida en conta

Botou en falta, dentro da liña de traballo que a consellería traía e se expuxo, un centro de recollida de residuos agrarios cal incluso ofreceu unha leira para o seu  emprazamento.

Dentro do ofrecemento de escolas taller para formar aos agricultores e traballadores, tamén puxo po riba da mesa a posibilidade de que nas fincas da Deputación, que son preto Amador na Reuniónde 70 Ha. que neste momento están case todas elas abandonadas, nesas escolas taller se ensinaran a xente que ven doutros países para traballar cos produtores para que aprendan a facer as distintas labores que despois se van a necesitar. Esta idea pareceulle tamén positiva.

PLANTA DE RESIDUOS AGRARIOS

Neste momento dentro das boas prácticas agrícolas estamos a levar a cabo o rego por goteo, tanto para aforrar auga, tan necesaria, como custes de produción, pero despois non temos onde levar os tubos de plástico que se utilizan, polo que é imprescindible xa esa planta de residuos agrarios.

Confiamos plenamente nas mesas de traballo nas que se matizarán todos os temas para levar a cabo o fin último que todos pretendemos que non é outro tanto para gandeiros como agricultores e habitantes da Limia o de producir rentablemente e medioambientalmente.

CONFÍO EN QUE AGORA SI SERÁ O PUNTO DE PARTIDA E NON RETORNO

Nos confiamos nas promesas e plantexamentos feitos ante tódolos sectores implicados e aos alcaldes da comarca de que isto se vai a levar a cabo no menor tempo posible e da  mellor maneira para a economía sostible desta comarca.