Martes 18.06.2019

O ano novo trouxo un novo Xpazo a Xinzo

Pretende ser o centro cultural, creativo e colaborativo da Limia

Xpazo, é un novo local emprazado na Rúa Curros Enríquez,de Xinzo  erguéndose  como un centro de creación construído baixo os conceptos de cooperación social, pluridisciplinariedade e respecto.

25

Os piares que o sustentan son a cultura, como unha porta a todo o mundo, con potencial para aproximar as persoas baixo unha constante de respecto e tolerancia total e sincera; o traballo, como un axente unificador, como unha vía de conexión social onde a colaboración e o intercambio son factores culminantes dentro dunha nova idiosincrasia social e profesional; e a formación, baixo a busca dunha constante renovación de coñecementos, acompasados ao tempo presente, baixo unha demanda de contidos de calidade, coidados e xestionados con claridade e esmero.

Desta maneira Xpazo abre as súas portas como un centro especializado en deseño, un espazo cultural e  un espazo de traballo colaborativo  onde serán benvidos toda aquela persoa que teña a ben traballar e compartir connosco os seus coñecementos.

24            Dentro do plantexamento que teñen os promotores deste novo proxecto, encóntranse a necesidade de elaborar unha axenda cultural que dinamice a vila de Xinzo de Limia e toda a súa contorna, con actividades que camiñarán da man da expresión artística, pasando por outras moitas iniciativas como cursos de formación, charlas, concertos, etc.

            Xpazo ademais está equipado con varios postos de traballo compartido como espazo de traballo colaborativo  . Un total de quince mesas de traballo onde calquera interesado pode encontrar un espazo propio para desenrolar a súa actividade onde se pretenden renovar as relacións profesionais na busca dun novo xeito de cooperación entre diferentes eidos de traballo onde a colaboración e o apoio son factores culminantes neste novo proxecto.

 23       

    Dalgunha maneira inténtanse levar adiante unn proxecto que tanto social, cultural como profesionalmente funcione como unha ferramenta que remate co individualismo e a falta de comunidade que cada día son máis evidentes no noso mundo, das gretas que ten a nosa sociedade. Buscase o benestar, o ben común, a equidade que tantas veces son esquecidas na nosa vila e na súa contorna.

227Crese que que a construción e a posta en práctica de proxectos alternativos dende un enfoque emancipador é unha prioridade e é deste xeito como nace Xpazo.