Dende a Limia
20:23 h. Sábado, 17 de Noviembre de 2018

O ANPA do Carlos Casares organiza un torneo de xadrez

| 17 de Marzo de 2018 (22:00 h.)
CEIP CARLOS CASARES
CEIP CARLOS CASARES

O próximo luns 19 de marzo celebrarase o primeiro torneo aberto de xadrez no C.E.I. P. Carlos Casares, organizado pola ANPA do centro escolar.No mesmo poderanse anotar todo o alumnado  do colexio.

20 participantes e premios para os primeiros clasificados

Será un torneo de ata vinte participantes que se enfrontarán en cinco quendas  segundo o sistema de competición suízo. Todo o torneo  será supervisado polo mestre FIDE David Baltar Igrexas, veteran xadrecista  ourensán. O horario da competicón será dende as 15:30  ata  as 17:30 na biblioteca do colexio e haberá trofeos e medallas para os mellor clasificados.