Dende a Limia
23:32 h. Jueves, 19 de Julio de 2018

Antón Tovar no Museo da Limia

| 13 de Abril de 2018 (18:02 h.)

O Museo da Limia, ubicado en Vilar de Santos, acolle o acto da doble

presentación do compacto “Casares, Valente, Tovar. Ourense, Xenebra, A

Limia” e do libro “Antonio Tovar. Conversas cun vello revoltado”, o

sábado, día 14 de abril, as seis da tarde.

 

Contará coa intervención de alumnos do CEIP Carlos Cid Arregui de Rairiz

de Veiga: Brais Fernández Fernández, de cuarto de educación primaria;

Ahinoa Cabrera Teixeira, de quinto de educación primaria; Laura

Fernández Losada, de sexto de educación primaria; e Ángel Fernández

Rodríguez, de sexto de educación primaria, que lerán fragmentos do

libro. Actuará como moderadora a secretaria do Padroado do Museo da

Limia, Sabela Rodríguez Jardón. O presidente do Padroado do Museo da

Limia e introductor do compacto, Delfín Caseiro, falará sobre o libro e

o audio. O autor do volume e do comparto, Xosé Manuel del Caño, falará

sobre o poeta e reclamará que a Real Academia Galega lle dedique a

Antonio Tovar o Día das Letras Galegas 2019.

 

Cerra o acto o cantautor valdeorrés Anxo Rei, coa interpretación de

cancións do disco “A rabela da pluma (versos de Antón Tovar)”, editado

no ano 2006.