Dende a Limia
05:48 h. Jueves, 19 de Julio de 2018

Anunciado o curso de primeiros auxilios da Cruz Vermella

| 15 de Abril de 2018 (20:34 h.)

A partires do vindeiro 28 de abril ata o 26 de maio,vaise realizar o Curso Oficial de Primeiros Auxilios en Xinzo de Limia da Cruz Vermella, o cal impartiráse ao longo de cinco sábados en horario intensivo de 9.00 a 13.00 e de 15.00 a 19.00 e consta dunhas 40 horas lectivas

 

É un curso moi práctico baremable para o Sergas, dirixido á poboación en xeral pola súa importancia, xa que ter coñecementos en socorrismo pode salvar vidas.

 

Os obxectivos deste curso son principalmente: coñecer os fundamentos dos Primeiros Auxilios, e a terminoloxía básica de anatomía, saber aplicar correctamente as técnicas de Reanimación Cardio Pulmonar, aplicar correctamente técnicas básicas para poder actuar antes situacións de urxencia: feridas, traumatismos, queimaduras e accidentes con máis de unha víctima, saber movilizar correctamente a unha persoa ferida.

 

O prazo de inscripción está aberto dende hoxe 13 de abril e para formalizala deberan de achegarse ata a oficina de Cruz Vermella de Xinzo situada na Estación de autobuses ou chamando ao 988/462541.