Dende a Limia
16:32 h. Lunes, 22 de Octubre de 2018

Arranca a Asociación de veciños do polígono

| 08 de Mayo de 2018 (22:57 h.)

Hoxe púxose  en marcha a Asociación de veciños do polígono de Xinzo, tendo como primeiro obxectivo a organización das festas de S.Xoán os días 23 e 24 de Xuño.

Yago, como presidente,Carlos,Vicep.; Manoli como secretaria e Raul, forman a xunta directiva da asociación que xa naceu o ano pasado , pero que ata este ano non se lle deu o empuxón definitivo co gallo principal das festas de S.Xoán.

As oito e media da tarde de hoxe martes foron varios os veciños que arrouparon a xunta directiva, que a súa vez fará de comisión de festas na presentación das mesmas.

242

Despois da presentación das festas das cales iremos informando  máis Adiante tomou a palabra algún veciño para  inquirir a xunta directiva, que non se quedaran solo na organización das festas, se non que no barrio hai moitas cousas que facer e para iso hai que ter unha asociación forte e unida.