domingo 22.09.2019

A asemblea xeral de Civitas Limicorum, aprobou a xestión da comisión organizadora do Esquecemento 2019

Tivo un superávit de máis de 2.000 €

A asemblea  xeral de Civitas Limicorum, aprobou a xestión da comisión organizadora do Esquecemento 2019

Na tarde noite de onte, estaba convocada a asemblea xeral de Civitas Limicorum na que a xunta directiva  presentou as contas do ESQUECEMENTO 2019.

RECORD DE RECAUDACIÓN

A festa deste ano bateu todos os récords  de ingresos tanto polo número de socios como dos outros ingresos  chegando a cifra de 59.038 €.

No capítulo de ingresos de institucións oficiais aparecen a Deputación Provincial con 14.999 € e a Secretaria Xeral de Política Linguistica con 1.500 €, e o Concello de Xinzo cunha partida económica de 6.000 € a que hai que engadir os traballos realizados polas brigadas do propio Concello, cuxo importe non está cuantificado.

Os socios achegaron 8.500 € de cotas e a hostalería e negocios achegaron este ano para a festa case 6.000 €. Outro dós capítulos importantes foi a explotación do bar do campamento que ascendeu (en bruto) a 11.559 €.

O resto das achegas ata os 59.038 veñen de “merchandising”, rifas e outras accións.

OS GASTOS FORON DE 51.236

No capítulo de gastos o máis alto é o de animación con 17.000 €, as actuacións musicais con 8.395 ; a seguridade ascendeu a 4.323 e o de infraestruturas a  6.926. O resto ata ós 51.236 repártense en varios capítulos.

ANÁLISE DE COMO FOI A FESTA ESTE ANO

IMG_20190905_204755O seguinte punto na orde do día era o referido ao análise do grado de cumprimento do programa da festa este ano, así como os fallos que puido haber. Interviron  varios asociados para mostrar o seu punto de vista entrando en debates sobre cuestións que quedaron como propostas para estudar de cara a edición do ano 2020.

No capítulo de rogos e preguntas uns socios preguntaron que cando había que ter eleccións a xunta directiva, contestando o coordinador da mesma que por estatutos teñen que ser dentro deste ano e que se convocarán en tempo e forma.

Antes do peche da asemblea e da devolución das fianzas da festa deste ano, cousa que todos estaban esperando, o coordinador da directiva Iván Prado quixo resaltar que o Concello non solo fixera a achega de 6.000 € se non que correra con traballos difíciles de cuantificar, aínda que serían altos, se os tivera que abonar a organización da festa.

Cando se deu opor finalizada a asemblea a maioría dos asistentes despediu a mesma con fortes aplausos cara a os membros da organización.