miércoles 23.10.2019

A asociación CAP -Cristianos por un auga pura- foi recibida polo bispo de Ourense

Olga Dorado, foi recibida por D. José Leonardo no seu despacho da Sede Episcopal de Ourense

Solicitan que os curas nás súas homilías incidan tamén en que as augas témolas que deixar puras, tal e como nos foron entregadas

río Orille ao paso por A Bola
río Orille ao paso por A Bola

O pasado venres, a presidenta da asociación “CRISTIANOS POR UNHA AUGA PURA” (CAP): Olga Elvira Dorado, mantivo unha extensa reunión co Bispo de Orense: Jose Leonardo Lemos Montanet, quen a recibiu moi cordialmente no seu despacho da Sede Episcopal.

            Olga Elvira fixo unha exposición clara de que  as augas estaban contaminadas por exceso de vertidos dos puríns que colpasan a comarca  da Limia e que os mesmos bótanse sen ningún tipo de tratamento ou depuración. Feito este que ocasiona  que se filtren nas augas elementos tan tóxicos e canceríxenos como os nitratos que pentetran, sen control, nas fontes, nos ríos e nos acuíferos. Tamén lle falou das venenosísimas cianobacterias (recentemente atopadas no encoro de Cachamuiña) e como ela mesma observou , nun curso de medio ambiente que impartiu no colexio de Bande, na aula había un número anormal de nenos con malformacións anatómicas. Precisamente un dos males que se lles atribue ás citadas cianobacterias, ricas en cianuro.

           Pola súa parte, Monseñor mostrouse moi recepectivo e entendeu a gravidade do que está a contecer, manifestando ser coñecedor do problema, sobre todo do que está a pasar no encoro de As Conchas (concello de Muiños) e afirmou que había un abandono do campo de grande mangitude  e moi preocupante.       

          Finalmente a asociación CAP, fai unha petición a todos os párrocos e cregos destas comarcas do sul da provincia, para que na misa lles aclaren aos seus feligreses esta problemática e o perigo que corren debido ás augas corruptas que incluso chegan a beber, e  asimesmo que todos recemos denodadamente para que  aqueles que provocan esta gravísima contaminación, entren no camiño correcto e impidan esta barbarie mudando o seu xeito de produción por outro que sexa respectuoso coa auga e co entorno natural das nosas comarcas.

SANGUÑEDO- VEREA

A asociación de Cristianos por un auga Pura nace en Sanguñedo do concello de Verea por mor da situación na que se atopan as augas do río Orille o cal verten as augas fecias dás fosas septicas, sen depurar, de moitas parroquias ao longo do mesmo. Neste momento a asociación xa ten mebros de outros lugares de Ourense e de Coruña, segundo manifestou a dendealimia a súa presidenta.