Dende a Limia
04:12 h. Jueves, 29 de Junio de 2017

A asociación limiá "Algaria" visitou As Medulas no Bierzo

O. Ferreiro | 30 de Mayo de 2017 (19:23 h.)
Membros das distintas asociacións ourensás visitando As Medulas.
Membros das distintas asociacións ourensás visitando As Medulas.

A Asociación de Persoas con Discapacidade da Comarca da Limia "Algaria" achegouse ata terras bercianas para coñecer da man dunha asociación irmá –"Disvalia" de Valdeorras– a zona de nome "As Medulas", que é un entorno paisaxístico formado por unha antiga explotación mineira de ouro.

Asistiron tamén a unha charla informativa na Aula d'As Medulas.

Saíron o sábado, día 27, de Xinzo de Limia cara Valdeorras, onde se xuntaron con usuarios e socios de "Disvalia", así como cun se uniron un grupo de persoas de "Asdifica" d'O Carballiño e de "Aixiña" de Ourense. Unha vez que asistiron a unha charla informativa na Aula d'As Medulas, pasason polo mirador para contemplar a beleza desta zona Patrimonio da Humanidade.

IMG-20170529-WA0023

De volta n'O Barco de Valdeorras, xantaron para pola tarde no malecón, á beira do río Sil, desfrutando de distintas actividades organizadas pola asociación "Disvalia".