Dende a Limia
03:19 h. Lunes, 10 de Diciembre de 2018

A Asociación Musical Xinzo de Limia, unha das 12 participantes no I Certamen de Bandas de Música "Ciudad de Benavente"

| 15 de Julio de 2018 (22:07 h.)

Esta fin de semana celebrouse o I Certamen de Bandas de Música" Ciudad de Benavente", que, tras o seu anuncio a principios de ano materializouse dunha forma máis que satisfactoria e sen dúbida tanto o público coma os participantes desfrutaron de tres días cheos de boa música instrumental.

 

A Agrupación Musical Xinzo de Limia foi unha das 12 bandas escollidas para participar no Certamen, e aínda hoxe a maña fixeron a súa actuación, coas obras “Paulos” (Pasodoble de Manuel Vázquez Gregorio) e Pilatus Mountain of Dragon (Steven Reineke).

 

O Certamen dividiuse ao longo da fin de semana, comezando o venres 13, un pouco máis tarde do previsto pola calor. Na Praza Maior, onde se realizaba o evento, encheuse con 1,500 asientos. O venres a tarde os asistentes poideron desfrutar do Concerto de Presentación da Banda de Música Maestro Lupi de Benavente, organizadora do Certamen. Tras esta, fixo a súa actuación a Banda Ciudad de Burgos, a primeira en participar das que entraban na competición.

 

Onte, sábado 14 o Certamen comezou a partires das 20h e rematou en torno a media noite, tras ter actuado seis bandas diferentes, entre as cales estaba a Banda de Música de Celanova e a Banda Filarmónica de Amares. A Banda de Música de Celanova gañou o terceiro premio, mentres que a Banda Filarmónica de Amares gañou o primeiro premio e o Premio do Público.

 

Hoxe a maña, domingo 15, o Certamen comezou arredor das 11h para que as catro derradeiras bandas tocaran, entre as que estaban a Agrupación Musical Xinzo de Limia, como xa dixemos, e a Asociación Musical “Mi Bemol” de Itrabo (Granada), que ganou o Premio Especial Banda de Música Maestro Lupi e a Asociación Cultural Banda de Música Ciudad de Ponferrada, que gañou o segundo premio, e o seu director, Salvador Ferrer, foi galardonado co Premio Mejor Director polo cal deu unhas emotivas palabras tras 15 anos como director da banda.

 

A entrega de premios comezou cara as 14:30h como se tiña previsto. Todos os asistentes, dende o xurado ata os convidados valoran moi positivamente o Certamen, decindo que tanto a calidade das Bandas como da organización estivo a moi bo nivel.

 

 

benavente