Dende a Limia
00:12 h. Domingo, 16 de Diciembre de 2018

O auditorio da Casa da Cultura, foi o escenario das actuacións levadas a cabo polas bandas de música de Arcade e Xinzo

| 01 de Diciembre de 2018 (23:39 h.)
Banda da Agrupación Musical da Limia
Banda da Agrupación Musical da Limia

Para rematar a programación musical de outono  levada a cabo pola  Agrupación Musical da Limia o sábado pola noite subiron ao escenario a banda de música Artística de Arcade que fixo as ledicias do público asistente coa interpretación de varias pezas, algunha delas do folclore mexicano.

IMG_0090

O director da banda, que segundo manifestou posteriormente  Tielas, considérase de Xinzo, recibiu varios agasallos, por parte dos representantes do Concello e o Presidente da banda de Xinzo, así como dos propios compoñentes  da banda xuvenil da Limia, que agradeceu moi emocionado o director da banda visitante.

IMG-20181201-WA0009

Tocoulle pechar o os concertos a banda da ESMULI, interpretando entre outras pezas a alborada de Veiga.

Como de costume o director da banda de Xinzo,  interviú para agradecer a presenza de todo o público, así como do Concello de Xinzo pola súa colaboración contínua e do Presidente da Agrupación.

bandas1