Dende a Limia
05:46 h. Lunes, 11 de Diciembre de 2017

Cancións populares no CORALIMIA 2017

| 27 de Noviembre de 2017 (21:37 h.)

Na 8ª edición do festival de corais populares  celebrado este sábado pola noite en Xinzo, estivo como coral invitada dende Carballo, na Coruña, o Coro Aires de Bergantíños  que deleitaron a tódolos presentes  con 6 pezas todas elas populares  e de carácter mariñeiro, a mor parte delas. Esta coral de Berganitiños foi fundada no ano 1985 polo humorista Carlos O Xestal, e dende a súa fundación traballan a reo para manter e divulgar o folclore musical galego, que foi o que fixeron na noite do sábado no auditorio da Casa de Cultura de Xinzo.

570

 

 

 

 

 

 

 

Despois tocoulle a vez a coral anfitrioa  Aimil Folc que naceu uns anos despois da primeira, no ano 2003 da man da Asociación Cultural AIMIL e que esta formada por trinta voces mixtas mais o grupo instrumental que os acompaña nas súas interpretacións.

O percorrido musical de actuacións desta formación musical estendese por toda a xeografía galega  e Portugal. Dende  o seu nacemento está dirixido por  Fernando Dopico un ferrolán afincado dende fai anos na nosa vila.

A coral irrumpiu no escenario ao son das gaitas e tambores  coa Foliada de Rabela, peza que fixo que o público asistente os recibirá acompañados de palmas e en pé o que fixo que dende o primeiro momento a simbioses co público fose total.

Finalizaron o festival folclórico cunha actuación conxunta das dúas formacións.

572