Dende a Limia
10:42 h. Viernes, 25 de Mayo de 2018

AS CARREIRAS DE CABALOS VOLVEN NAS LETRAS GALEGAS AO HIPÓDROMO DE ANTELA

| 15 de Mayo de 2018 (21:49 h.)

A segunda Xornada de Carreiras da tempada 2018 no Hipódromo de Antela está adicada o "Día das Letras Galegas" como xa é tradición, con unha mención especial a Victoria Moreno Márquez, máis coñecida como Peregrina Pérez. En 2018 vai ser a figura protagonista do Día das Letras Galegas, sendo a cuarta muller, despois de Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido e María Mariño.

 

257A disputa do III GRAN PREMIO DIA DAS LETRAS GALEGAS comeza coa carreira internacional de Trote as 11H na que Ramsey Du Ham (FR) parte como favorito con unha recaudación superior a 600,000€. A seguinte carreira de Trote será as 14:20h coa disputa do premio "Victoria Moreno Marquez" na que a priori parte de favorito Quassia Du Bon Air (FR) da cuadra J.Alvarez Expósito.

 

Para os cabalos de Pura Raza Árabe teremos a primeira as 11:40h de Galopecon, na desputa do premio "Lagoa de Antela" nunha distancia de 1000m . Parten como favoritos Pawik el Marwan da Cuadra Fermosas Arabian e a monta de Yago Atanes. As 13:20 será o turno para o GRAN PREMIO DIA DAS LETRAS GALEGAS para cabalos Árabes con un difñicil pronósitico, pois 4 extraordinarios cabalos estarán en liza e calquera deles pode ser o gañador. Todos teñen un magnífico palmares en Galicia. Pelayo, Kefren, Sal Alem, J.L. Cardali, a incóniga só se pode resolver na pista de area do Hipódromo de Antela.

 

No que se refire a Pura Sangre Inglés, disputarase a primeira carreira as 12:20h ca disputa do premio "VALDEMUNDE TEAM" no que NEW FOL parte como favorito, pero estará moi competido sen dúbida por Paraiso Canarias, Melinda e Artemisa.  A segunda carreira de Pura Sangre Inglés será as 12:40h co GRAN PREMIO DAS LETRAS GALEGAS e o favorito para esta proba é BARBE A BOX, que xa resultou gañador na última xornada. A Cañiza e Odds ON sen dúbida poránlle trabas para gañar e a Granxa estrenase na pista de Antela.

padock_antela

Ademáis contará coa exhibición de Cabalos de Pura Raza Galega a cargo da Asociación Cabalo Galego, intercalados entre carreira e carreira a partir das 12:40h. O concluír a xornada de carreiras, sortearase entre os asistentes un magnífico Xamón d Bodega da Serra de Larouco, con sabor e aroma galego.